Tuesday 14 de May de 2024

Dezaséis veciñas de Lousame inician un curso gratuíto de Informática para Emprendedoras de 30 horas lectivas


Un total de 16 veciñas de Lousame participan nun curso gratuíto de Informática para Emprendedoras, que se impartirá na Aula de Informática da Casa da Cultura ao longo de dez días deste mes de decembro, ata completar un total de 30 horas lectivas. Un tempo no que as alumnas se iniciarán na utilización das novas tecnoloxías da información e da comunicación, aprendendo dende cuestións básicas como o manexo de procesadores de texto ou follas de cálculo, ata introducirse en cuestións como o comercio electrónico.

Este curso pon o punto e final á edición de 2016 do Programa de Fomento do Emprego das Mulleres, posto en marcha polo Concello de Lousame en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña. Unha iniciativa que permitiu realizar un total de cinco curso, con 96 prazas de formación, para veciñas de Lousame que melloraron as súas posibilidades de acadar un emprego.